13 de junio de 2013

Historias del arenque rojo

"Estés donde estés, cerca de ti hay historias. Muchas historias. Tantas como personas. Pero, ¿las vemos? a veces sí. Y en eso consiste este libro". Presentámosvos a historia "Una flor en el suelo", unha das moitas que podedes visualizar neste magnífico álbum ilustrado editado por Ediciones SM, que podedes atopar na sala infantil-xuvenil.
Se queres contar as túas historias, esas que están no parque e que só ti viches, podes facelo aquí: http://www.literaturasm.com/El_arenque_rojo.html#mira ou pódelas mandar ao noso bloggit e publicarémoschas.




11 de junio de 2013

O Ministerio de Educación, Cultura y Deporte fallou os “Premios a los Libros Mejor Editados 2012”. O terceiro premio na categoría de “Obras Generales y de Divulgación” recaeu na obra editada por Factoría K de Libros: “OCULTOS: animais extraordinarios”.

Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.

10 de junio de 2013

85º Aniversario do nacemento do ilutrador Maurice Bernard Sendak (Brooklyn, Nueva York, 10 de junio de 1928 - Danbury, Connecticut, 8 de mayo de 2012)



O Escritor e ilustrador, Maurice Sendak é o autor do clásico de 1963 "Donde viven os monstros", levado ao cine no ano 2009, a  historia de Max, un pícaro neno que, tras ser castigado pola súa nai, viaxa a un mundo imaxinario para compartir aventuras cun peculiar grupo de «cousas salvaxes».


7 de junio de 2013


Un sorriso para o mal tempo que temos nesta primavera!!

Escrito por Judi Barret e debuxado por Ron Barret. -- Barcelona : Corimbo, 2012
A vida no pobo era deliciosa, ata que empezou a empeorar o tempo... chovía zume, nevaban chícharos e o vento traía hamburguesas. Tras as risas podemos atopar: que comemos?, canto comemos?, inflúe o que inxerimos na nosa saúde?, que facemos coa comida que sobra?…
ISBN 978-84-8470-447-8.—Signatura da sala infantil-xuvenil: C BAR nub (r.)

5 de junio de 2013


NOVIDADES EN DVD 2013

4 de junio de 2013

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O "Día Mundial do Medio" (World Environment Day) é un evento anual que se leva a cabo o 5 de Xuño. Foi establecido pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas,  do 15 de decembro de 1972 . O Día Mundial do Medio é un dos principais vehículos que as Nacións Unidas utilizan para fomentar a sensibilización mundial sobre o medio e promover a atención e acción política ao respecto.
Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.


Make a video of your own at Animoto.