11 de septiembre de 2013

"¡Abajo el colejio!"

Con moito, moito humor, desexámosvos unha feliz volta ao "colejio"!
Le este libro e moito coidadiño coa ortografía, practica e corrixe as faltas de ortografía de Nigel Molesworth.



“¡Abajo el colejio!” é unha historia satírica e chea dun humor lúcido e retranqueiro, protagonizada por Nigel Molesworth, un neno que detesta o seu "colejio" e todo o que ten que ver con el. O antecedente salvaxe do famoso Nicolás.
Unha crítica mordaz a un ensino arcaico, pesada e extremadamente esixente que un neno pícaro e cínico escudriña coa súa lingua insolente -e as súas innumerables faltas de ortografía que deliberadamente o autor plasma de xeito xenial no libro- e os seus debuxos espontáneos.

Signatura na Biblioteca :
¡¡Abajo el colejio!! : un manual de instrucciones para la vida escolar destinado a alumnos y padres / escrito por Geoffrey Willans ; ilustrado por Ronald Searle ; traducido por Jon Bilbao. -- Madrid : Impedimenta, 2013.
ISBN 978-84-15578-35-2
A partir de 13 anos
* BPC B.P.C. González Garcés N WIL aba (amarelo)

9 de septiembre de 2013

XOGOS PARA COMPRENDER

 Propostas de xogos para mellorar a competencia na comunicación lingüística do Centro Virtual Leer.es.
O xogo está na base de todo aprendizaxe: estimula a creatividade, amplía o vocabulario e estreita os lazos afectivos entre os xogadores.



4 de septiembre de 2013

CHÍCHARO

PALABRA DO DÍA: CHÍCHARO
Aprendemos fermosas palabras en galego grazas a PORTALDASPALABRAS
e lemos contos marabillosos coma éste:

Todos menos uno / Éric Battut. -- 1ª ed. -- Barcelona : Libros del Zorro Rojo, 2011.--Nun xardín crecía unha planta de chícharos. Todos eran iguais menos un. Un chícharo non quería ser como os demáis.
ISBN 978-84-92412-84-6
SIGNATURA:B.P.C. González Garcés C BAT tod (azul)

30 de agosto de 2013

MOMO

«Momo» cumple 40 años

A novela de Michael Ende sobre a nena que devolveu o tempo roubado polos homes grises chegou ás librarías alemanas en 1973.
Atoparédelo na nosa biblioteca coa signatura N END mom (amarelo)

 

6 de agosto de 2013

FEIRA DO LIBRO 2013

Hoxe venres día 9, dentro do programa Lemos, cantamos, gozamos da Feira do Libro da Coruña, contaremos coa presenza de Mamá Cabra e o seu libro Ola, ola, la!  na carpa infantil ás 20: 00 h.


Todos os animais ó caixón


Signatura da biblioteca:  LM MAM OLA


Joaquín Fdez. Serrano asina exemplares do cómic MARCOPOLA na caseta da librería Nós, xoves, 8 ás 20:00 h.


Signatura da biblioteca: COM MAM mar

 No Festival de artes de rúa Faranduleando "A NENA E O GRILO" de Magín Blanco ás 17: 30 h.

A nena e o grilo / Magín Blanco ; ilustracións de Ivan Prieto. -- Pontevedra : OQO, [2010]
      Contén: CD: Rumbo das apertas ; O meu país ; Facer unha canción ; Nena menciñeira ; Nena botánica ; Aquí em baixo (é todo azul) ; Cri cri ; Era festa ; Ten o demo ; Vou do revés ; Arco da vella ; Quen son ; Camiño das estrela Magin Blanco , Ugia Pedreira , Guadi Galego , Uxia , Fred Martins.
   ISBN 978-84-9871-259-9






ROSALÍA PEQUENIÑA, un libro-CD de Uxía, presentarase hoxe martes ás 20 horas na Feira do Libro, como parte do programa “Lemos, cantamos, gozamos”. Atoparase na carpa infantil e contará coa presenza de Uxía que ofrecerá un pequeno concerto en formato acústico.
A música é sempre un dos mellores vehículos para descubrir e gozar da poesía. Uxía déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía.

5 de agosto de 2013

A FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA 2013


Hoxe ás 17: 30 "Oh, qué bonito é panamá" de Panamesiana teatro, dentro do programa Faranduleando nas Festas de María Pita deseñado para o público infantil e familiar.


Dende o 1 ao 11 de agosto poderedes ler, cantar e disfrutar na Feira do Libro da Coruña. Os Xardíns de Méndez Núñez volveran ser o emprazamento da cita, en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 22 horas. Podedes consultar o programa completo na web Feirasdolibro








2 de agosto de 2013

SEMANA DO CÓMIC NA BIBLIOTECA

Durante a semana do festival  "VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO "  a Biblioteca vístese de cómic. Teremos esta semana unha mostra das publicacións dos autores convidados, das novidades e outras curiosidades que temos no noso fondo de banda deseñada.







Ademáis con motivo da actividade SUMMERTIME STORIES, Vanesa e Sara recompilaron varias historietas gráficas en lingua inglesa da revista "I love english junior" para practicar inglés este verán.