30 de octubre de 2013

O SAMAÍN

O SAMAÍN, comeza o inverno.

Para afastar as perigosas ánimas defuntas..., deixámosvos estes contos terroríficos.
Actividades do Samaín en Galicia




23 de octubre de 2013

16 de octubre de 2013

PREMIOS NACIONAIS LIX



Premios Nacionais de LITERATURA INFANTIL-XUVENIL
 para  Carme Solé Vendrell e César Mallorquí 


A ilustradora Carme Solé Vendrell (Barcelona, 1944) foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2013 por "ser unha artista 'faro' no mundo da ilustración do libro infantil e outros xéneros". Este premio non se outorga a unha obra, como hai uns anos (cando o obtivo Carme Solé por primeira vez), senón a toda unha traxectoria no mundo da ilustración.


O escritor catalán César Mallorquí (Barcelona, 1953) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela  La illa de Bowen, que previamente gañara o Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 e está incluído na Lista de Honra 2014 de IBBY a proposta de OEPLI. O xurado considerou que a súa obra é "un canto á aventura e unha homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia,", e destacou a "excelente construción" dos seus personaxes e tramas.



Agustín Fernández Paz nominado ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2013. O 25 de marzo de 2014, o gañador do ALMA será anunciado. A nosa literatura infantil-xuvenil é unha das máis premiadas.


30 de septiembre de 2013

LETRAS NOS CORDÓNS

DEREITO DA INFANCIA A EDUCACIÓN E A ESCOLARIZACIÓN




"Cristina Falcón describe la experiencia de una familia numerosa y humilde en la que la hermana mayor y la abuela se ocupan del hogar en ausencia de la madre. El intenso cariño en el reencuentro con la figura materna, las sensaciones dispares de gozo o disgusto en el ámbito escolar, y la madurez prematura de los niños en tiempos de carencias materiales, que no afectivas, marcan este relato emotivo y sentimental, que remueve la memoria. La historia de “Letras en los cordones” surgió a raíz de la participación de Cristina Falcón en una campaña internacional organizada por varias ONG’s en favor del derecho de la infancia a la escolarización y la educación."
NA BIBLIOTECA:
Letras nos cordóns / Cristina Falcón Maldonado ; Marina Marcolin. -- Pontevedra : Kalandraka, D.L. 2012. -- (MareMar)
   Cando aprende a ler, Flor descobre que as letras son contadoras de cousas. Tamén axuda na casa e coida dos seus irmáns no camiño á escola. A memoria imborrable da nenez, nun relato entrañable e ilustrado con dozura. ISBN 978-84-8464-787-4.-- Signatura: B.P.C. González Garcés C (KAL) FAL let (vermello)

23 de septiembre de 2013

DÍA DO ALZHEIMER

Non  nos  esquecemos  de recomendarvos un conto para lembrar ás persoas que teñen alzheimer.


“Este cuento está destinado a que las personas adultas veamos y entendamos el Alzheimer desde la perspectiva de una niña. A la más pequeña de la familia no le importa la enfermedad, puede que no la entienda o no sepa lo que es, pero no se avergüenza de ella, tan solo quiere estar con sus seres queridos, sean como sean, algo que las personas adultas aún debemos aprender”.  O autor lembra  as experiencias vividas coa súa nai (enferma de alzheimer), todos os acontecementos que se narran son feitos reais.

Mi abuela no se acuerda de mi nombre / Rodolfo Esteban, Mai Egurza.  -- Madrid : Dibbuks, 2012.
D.L. M 8706-2012.--ISBN 978-84-92902-90-3
* SIGNATURA: B.P.C. González Garcés  C EST mia  (vermello)

17 de septiembre de 2013

LIBROS MEJOR EDITADOS 2013




Convocatoria 2013 dos Premios aos Libros Mellor Editados proposta do Ministerio de Cultura. Jimmy Liao recibiu o premio ao Mellor Libro de Arte editado pola editorial Barbara Fiore

16 de septiembre de 2013

COEDUCAR NA IGUALDADE COA LECTURA

NIN CO PÉTALO DUNHA ROSA : campaña contra a violencia de xénero