27 de noviembre de 2013

CUENTOS DEL MUNDO

Ara Malikian actuou en Narón o 1 de diciembre : o violinista Ara Malikian  presentou o seu espectáculo Cuentos del mundo. + de 3 anos

 Ara Malikian é sen dúbida un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración. Posuidor dun estilo propio, forxado a partir das súas orixes e ricas vivencias musicais, o seu violín álzase como unha das voces máis orixinais e innovadores do panorama musical. Nacido en Líbano no seo dunha familia armenia, Ara Malikian iniciouse no violín a moi temperá idade da man do seu pai. Deu o seu primeiro concerto con 12 anos e aos 15 recibiu unha bolsa do Goberno Alemán para cursar estudos na "Hochschule für Musik und Theater Hannover".

Unha inesgotable inquietude musical e humana levaron a Ara Malikian a afondar nas súas propias raíces armenias e asimilar a música doutras culturas do Medio Oriente (árabe e xudía), Centro Europa (xitana e klezmer), Arxentina (tango) e España (flamenco), todo iso dentro dunha linguaxe moi persoal na que se dan a man a forza rítmica e emocional destas músicas co virtuosismo e a expresividade da gran tradición clásica europea.


Cuentos del mundo é un espectáculo musical que recomendamos ver, escoitar e disfrutar se tedes ocasión en directo

22 de noviembre de 2013

COEDUCAR COA LECTURA








  25 de cada mes Día Naranja.
 Entre otras actividades, en ese día se nos invita a llevar alguna prenda de ese color para resaltar el llamamiento a erradicar la violencia contra la mujer sin reservas, equívocos o demora.

14 de noviembre de 2013

NUNCA MÁIS


  ¡Nunca máis! : a ollada da infancia. -- Pontevedra : Kalandraka, 2003.
   ISBN 84-8464-188-0
  Signatura:  BPC Bca. P. Nodal da Coruña  P NUN (vermello).




DÍA MUNDIAL DEL MEDIO AMBIENTE




PRESTIGE: Once anos dunha catástrofe






Hai que evitar a repetición dos desastres ecolóxicos en Galicia, o castigo aos seus responsables e a reparación dos danos á natureza




7 de noviembre de 2013

30 de octubre de 2013

O SAMAÍN

O SAMAÍN, comeza o inverno.

Para afastar as perigosas ánimas defuntas..., deixámosvos estes contos terroríficos.
Actividades do Samaín en Galicia




23 de octubre de 2013

16 de octubre de 2013

PREMIOS NACIONAIS LIX



Premios Nacionais de LITERATURA INFANTIL-XUVENIL
 para  Carme Solé Vendrell e César Mallorquí 


A ilustradora Carme Solé Vendrell (Barcelona, 1944) foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2013 por "ser unha artista 'faro' no mundo da ilustración do libro infantil e outros xéneros". Este premio non se outorga a unha obra, como hai uns anos (cando o obtivo Carme Solé por primeira vez), senón a toda unha traxectoria no mundo da ilustración.


O escritor catalán César Mallorquí (Barcelona, 1953) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela  La illa de Bowen, que previamente gañara o Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 e está incluído na Lista de Honra 2014 de IBBY a proposta de OEPLI. O xurado considerou que a súa obra é "un canto á aventura e unha homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia,", e destacou a "excelente construción" dos seus personaxes e tramas.



Agustín Fernández Paz nominado ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2013. O 25 de marzo de 2014, o gañador do ALMA será anunciado. A nosa literatura infantil-xuvenil é unha das máis premiadas.