O 18 de xullo de 1918, naceu un neno en Mvezo, nunha sinxela cabana con tellado de palla. Os pais do neno, Henry e Nosekeni Mandela, chamaron o seu fillo Rolihlahlal, que significa "axitador", un nome apropiado para o neno que se converteu nun dos maiores líderes do mundo loitando pola igualdade racial no seu país, Sudáfrica.
No seu primeiro día de clase na escola da aldea de Qunu, a súa mestra chamoulle "Nelson", era costume dar aos nenos africanos un nome en inglés para que os colonos puidesen pronuncialo máis doadamente. Pero Nelson Mandela é comunmente coñecido como Madiba, o nome do clan Thembu ao que pertence.
Madiba foi o nome dun xefe thembu que, no século XIX, gobernou nunha rexión chamada Transkei, no sueste do país. Chamar Madiba a Mandela é unha mostra de cariño.
Uníuse ao Congreso Nacional Africano, que quería crear unha Sudáfrica multirracial, onde as persoas de raza branca e negra puidesen vivir xuntos en paz e amizade, suprimir un sistema chamado apartheid, que quere dicir "separación". Os africanos e todas as persoas que non eran brancas mantíñanse separadas da xente de raza branca.
o prisionero número 466/64. Ingresou en prisión no ano 1964 para cumprir cadea perpetua ata que o 11 de febreiro de 1990 foi liberado e converteuse en 1994 no presidente de Sudáfrica.
Comezou unha nova época da historia e con ela chegou o fin do odiado sistema do apartheid.
Bibliografía na sala infantil-xuvenil:
· La liberación de Nelson Mandela : 11 de febrero de 1990 / John Malam. -- León : Everest, [2004].-- ISBN 84-241-1608-9
Signatura: 960 MAL lib (amarelo)
· Mandela : un luchador contra el racismo.
En: Reportero DOC. -- ISSN 1133-9721. -- Nº 97 (out. 2002), p. 35-43
Signatura: A 388 (verde)
· Mis cuentos africanos / Nelson Mandela . -- Madrid : Siruela, [2007]
(Las tres edades (Siruela) ; 159).-- ISBN 978-84-9841-137-9
Signatura: C MAN mis (verde)
"Es mi deseo que la voz del narrador de cuentos nunca muera en África, que todos los niños de África puedan maravillarse con los libros y que nunca pierdan la capacidad de ampliar sus horizontes del mundo con la magia de los relatos" Nelson Mandela (Madiba)