21 de marzo de 2014

DÍA INTERNACIONAL DE LA NARRACIÓN ORAL

A BIBLIOTECA ÚNESE A CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

19 de marzo de 2014

¿PAPAAÁ, ME ESCUCHAS!





ACONSELLAMOS ESTE LIBRO DE PAPÁS DE RECHUPETE


Un sapiño, impaciente e caprichoso á hora de comer, dubida desa torta de fadas que preparou o seu PAI. Non será unha torta de babosas? O seu PAI inventa argumentos incribles para convencelo. Os autores deste libro lograron que os nenos se desternillasen da risa. Nesta historia tamén hai un xiro de humor que os sorprenderá. O PAI, quen prometeu voar se o sapito remataba a torta de fadas sen chiar, cumpre a súa promesa. Salta pola ventá e, xusto nese momento, unha fada pequena péscao para convertelo no ingrediente necesario da torta de dragón que preparará a súa nai esa noite. Moitos pais, que viven a hora de comer como unha batalla diaria, sentiranse identificados co PAPÁ deste conto. E utilizarano para convencer os nenos tiquismiquis de que a comida que está na mesa é exquisita. Unha narración construída só con áxiles diálogos. Iso sumado ao xogo de tipografías e as graciosas ilustracións converten a este álbum nun prato de rechupete.

21 de febrero de 2014

DÍA DE ROSALÍA


DÍA DE ROSALÍA



               

       

                                 O 24 de Febreiro lembramos o nacemento desta gran poetisa galega
cunha  FLOR e un POEMA


O 24 de febreiro rematan as celebracións do 150 aniversario da publicación de ‘Cantares gallegos’. A FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO propón  EUROROSALÍA : unha acción colectiva en Internet que integre á maior xente posible, tanto en Galicia coma no resto do mundo  para lembrar a Rosalía.

21 de enero de 2014

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA










O Día Escolar da Paz e a No Violencia (School Day of Non-violence and Peace) celébrase todos os anos o 30 de Xaneiro. O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. Neste día, os colexios e centros convértense en instrumentos de paz e entendemento entre persoas de distinta formación, raza, cultura e relixión.

O El Día Escolar de la Paz e a No Violencia (DENIP) é unha xornada educativa non gobernamental fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal Vidal e que se practica no aniversario da morte do Mahatma Gandhi (30 de Xaneiro).











31 de diciembre de 2013

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

 Con motivo desta celebración, o Centro de Documentación do CEIDA pon á súa disposición un espazo web con recursos e documentos relacionados con este ámbito. Nel poderá atopar textos básicos da educación ambiental, recursos didácticos para traballar con diversos colectivos, documentos sobre interpretación do patrimonio ou itinerarios da natureza, entre outros. A plataforma inclúe tamén documentos en liña e páxinas web de interese, artigos de revista, blogs ou vídeos didácticos que se poden consultar a través da rede.


DÍA MUNDIAL DEL MEDIO AMBIENTE