17 de julio de 2013

SUMMERTIME STORIES

Contacontos en lingua inglesa.
 Este verán divírtete aprendendo inglés na sala infantil da Biblioteca González-Garcés! 
AMPLIAMOS EN AGOSTO A DOUS DÍAS MÁIS O CONTACONTOS de "SUMMERTIME STORIES": luns 19 e mércores 21  de agosto     


Adaptación en lingua inglesa do libro:
Que fai falta? / Gianni Rodari ; [ilustracións], Silvia Bonanni ; [traducción, Xosé Ballesteros] Pontevedra : Kalandraka, 2010.










15 de julio de 2013

LA CRISIS CONTADA A MI PADRE



"Yo soy Gaspard y como quiero entender los asuntos de los adultos decidí investigar por mí mismo qué es eso de la crisis. Lo escribí en este cuaderno..." E agora a revista OKAPI publícacho no número 92 de marzo do 2010 que temos na biblioteca coa SIGNATURA A 389

LUCES DE FERIA





É un máxico e evocador conto, á vez que unha poética homenaxe ás feiras de sempre. De Fran Nuño e Enrique Quevedo (premio Moobeam Children's Book Awards ó mellor ilustrador), este é un libro cuxas páxinas están cheas de sorpresas e cuxas luces de cores nos guiarán nun percorrido de ensoño pola feira das nosas vidas.

Luces de feria / Fran Nuño ; ilustraciones Enrique Quevedo. -- Madrid : Cuento de Luz, 2013.
ISBN 978-84-15784-16-6
*BPC González Garcés C NUÑ luc az.

3 de julio de 2013

Papás en prácticas

Papás en prácticas

Xa podedes disfrutar do novo centro de interese que se atopa na sala infantil-xuvenil da nosa biblioteca. Unha pequena mostra de libros que che poden axudar a resolver dúbidas relacionadas coa crianza ou educación do teu bebé.





Try our slideshow creator at Animoto.

TI PODES!

Este verán ti podes salvar o planeta. Difruta da praia e da natureza  coidando o medio ambiente.
Na sala infantil-xuvenil da Biblioteca temos unha pequena exposición de libros que  che poden dar alguha idea.

Os obxectivos son darlle unha cara humana aos temas ambientais, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que todas as nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.


Make a video of your own at Animoto.

20 de junio de 2013

FEITO NA GALIZA

a nena e o grilo nun barquiño

"A nena e o grilo decidiron que querían ser trotamundos. Así que pensaron que o mellor sería ir á biblioteca e consultar algúns libros de viaxes... En trece capítulos, coas correspondentes cancións, acheganse ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa."
A nena e o grilo un barquiño / Magín Blanco ; ilustracións de Leandro Lamas. --   Cangas do Morrazo (Pontevedra) : Fol Música, 2013 .--Trece contos con trece cancións orixináis e trece actividades creativas para nenos. Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a cretividade dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.--ISBN 978-84-940993-0-4. Signatura: P BLA nen + 1 CD



19 de junio de 2013

LOBOFEROZ CANCIÓN



Queremos agradecer dende a sala infantil-xuvenil as numerosas doazóns dos nosos usuarios. Hoxe recibimos un lote de contos en dvd que en breve incorporaremos á sala ou ben os ofreceremos a outras institucións.  Aínda que hai que ser selectivo á hora das adquisicións, as vosas doazóns sempre serán unha valor engadido ao fondo documental da biblioteca. Aquí tedes unha mostra dun conto (dvd) que foi donado da editorial OQO.