21 de septiembre de 2018

Exposición Vida no mar

Estes días celebráse na Coruña a 5ª edición do festival Mar de Mares. Este ano quere visibilizar o problema dos plásticos no mar, e desde a nosa biblioteca tamén queremos recordar a importancia dos océanos para a vida na terra, coa exposción "Vida no mar".

Poderás atopar libros e dvds infantís e xuvenís sobre océanos, animais mariños...



Deixámosche aquí tamén unhas ligazóns onde podes ampliar información sobre o problema dos plásticos:

https://es.greenpeace.org/es/trabajamos-en/oceanos/
https://www.wwf.es/nuestro_trabajo_/oceanos/

12 de septiembre de 2018

Nova sección de Clásicos

Temos unha nova sección na nosa biblioteca, na sala de infantil, Clásicos.

Orientada a mozos a partir dos doce anos... e os seus pais, avós, tíos... Porque a calquera idade pódese desfrutar destas lecturas.

Atoparedela a contiunación da sección de narrativa amarela (14-14 anos) e antes da banda deseñada amarela.



E ti, xa exploraches a illa de Robinson Crusoe? A xungla africana de Tarzán? Algunha vez percorriches as rúas de Londres da man de Sherlock Holmes?








 Poe o os seus escuros contos espéranche xunto con Lovecraft, Homero, Dickens, Cervantes, Julio Verne, Emilio Salgari, Mark Twain, as irmás Brönte, Stevenson, Jane Austen e moitos máis.






3 de agosto de 2018

Escola de maxia

O pasado 19 de xullo tivemos a sorte de contar na nosa biblioteca cun obradoiro de maxia a cargo de David Méndez, un mago que xa nos visitara outras veces.

David falounos de que hai moitos libros de maxia (mesmo na nosa biblioteca!), disque podemos aprender auténticos trucos como os magos profesionais.

Despois, explicounos como fai el algúns dos seus mellores trucos, pero xa non volo imos contar por aquí, é un segredo!!!

11 de julio de 2018

Un verán de actividades

Este verán estamos de estrea! Durante o mes de xullo imos contar con actividades para nenas e nenos, os xoves ás 11:30.

O pasado xoves 5 xa desfrutamos do obradoiro "Xogando coa historia", tal como os contabamos na entrada anterior, e o martes 10 Kids & Us viñeron a contarnos unha divertida historia en inglés "The Far West"



Esta é a programación para o resto do verán:

Xoves 12 de xullo ás 11:30  Obradoiro de Cucarandainas "Facemos a nosa casa":


Pais/nais e fillas/fillos de 4 a 12 anos.

 Neste obradoiro faremos a casa dos nosos soños, unha actividade sinxela para realizar conxuntamente en familia. O obxectivo deste obradoiro é desenvolver a imaxinación, a creatividade, traballar a plasticidade fina e a destreza ademais de fomentar a comunicación entre os membros da familia.
Require inscrición previa no formulario de solicitude, vía web, ou ben presencialmente na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379.


Xoves 19 de xullo ás 11:30 Obradoiro "Escola de maxia":


Para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Visita esta especial escola, onde os aprendices de mago aprenderán a facer trucos de maxia moi sinxelos e didácticos, rescatando ao mago que todos levamos dentro. 

Require inscrición previa no formulario de solicitude, vía web, ou ben presencialmente na propia biblioteca ou chamando aos teléfonos 881 960 378 e 881 960 379

E en agosto... Feira do libro!!

Do 1 ao 10 de agosto, a biblioteca terá un posto na Feira do libro onde expoñeremos unha selección das nosas novidades. E para os máis pequenos, faremos un concruso de debuxos: faremos unha exposición dos debuxos feitos polos nenos e nenas que se acheguen a nos ao longo dos días que a biblioteca estea nos Xardíns de Méndez Núñez. O último día da feira escolleremos os tres mellores debuxos e premiaremos aos gañadores cun lote de libros, que se entregarán na biblioteca. 


Feliz verán a todos!  

9 de julio de 2018

Xogando coa historia

Xa está aquí o verán, pero as actividades da biblioteca non se deteñen. Este xoves desfrutamos dun obradoiro para nenas e nenos na nosa ludoteca.



Da man de Cucarandainas coñecemos xogos aos que a humanidade xogou desde tempos moi antigos, desde a época clásica.

Xogos de sempre feitos en cerámica, cristal, ósos, coiro...







Pero non só os coñecemos, senón que tamén aprendemos a facelos nós mesmos! Coiro, cartolinas, purpurina, rotuladores e mans á obra... Confeccionamos dous xogos: o xogo do muíño, e un tres en raia de viaxe, os dous xa se xogaban no Imperio Romano.



Xogo do muíño cunha partida en marcha


Traballando con coiro para facer un tres en raia de viaxe

Tres en raia de viaxe: o taboleiro convértese nunha bolsa

E lembrade que o xoves 12 de xullo temos outro obradoiro con Cucandainas: "Facemos a nosa casa"
ás 11,30 na ludoteca, previa inscrición.

31 de octubre de 2017

                                                            SAMAÍN 2017

Chegou a noite de Samaín á Biblioteca, a festa de orixe celta que se celebra cada 31 de outubro como día de transición entre o verán e a estación sombría do inverno.
Os pobos celtas crían que neste día a fronteira entre os vivos e os mortos diluíase,
polo que os espíritos malignos podían regresar ao mundo. 

Para escorrentalos, utilizaban traxes e máscaras ademais de ofrecer ofrendas aos defuntos.

Na Biblioteca preparámonos para celebrala... Drácula, Frankestein e outros monstros e historias terroríficas están a esperarvos...    Achégate SEN MEDO!!!









Neste VÍDEO tedes unha recopilación de cancións de Samaín 
feita polo equipo de dinamización da lingua 
do CEIP Pío XII. 


Clica aquí para acceder ás cancións












17 de octubre de 2017



COIDEMOS OS NOSOS BOSQUES !!!