11 de septiembre de 2013

"¡Abajo el colejio!"

Con moito, moito humor, desexámosvos unha feliz volta ao "colejio"!
Le este libro e moito coidadiño coa ortografía, practica e corrixe as faltas de ortografía de Nigel Molesworth.



“¡Abajo el colejio!” é unha historia satírica e chea dun humor lúcido e retranqueiro, protagonizada por Nigel Molesworth, un neno que detesta o seu "colejio" e todo o que ten que ver con el. O antecedente salvaxe do famoso Nicolás.
Unha crítica mordaz a un ensino arcaico, pesada e extremadamente esixente que un neno pícaro e cínico escudriña coa súa lingua insolente -e as súas innumerables faltas de ortografía que deliberadamente o autor plasma de xeito xenial no libro- e os seus debuxos espontáneos.

Signatura na Biblioteca :
¡¡Abajo el colejio!! : un manual de instrucciones para la vida escolar destinado a alumnos y padres / escrito por Geoffrey Willans ; ilustrado por Ronald Searle ; traducido por Jon Bilbao. -- Madrid : Impedimenta, 2013.
ISBN 978-84-15578-35-2
A partir de 13 anos
* BPC B.P.C. González Garcés N WIL aba (amarelo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario