16 de octubre de 2013

PREMIOS NACIONAIS LIX



Premios Nacionais de LITERATURA INFANTIL-XUVENIL
 para  Carme Solé Vendrell e César Mallorquí 


A ilustradora Carme Solé Vendrell (Barcelona, 1944) foi galardoada co Premio Nacional de Ilustración correspondente a 2013 por "ser unha artista 'faro' no mundo da ilustración do libro infantil e outros xéneros". Este premio non se outorga a unha obra, como hai uns anos (cando o obtivo Carme Solé por primeira vez), senón a toda unha traxectoria no mundo da ilustración.


O escritor catalán César Mallorquí (Barcelona, 1953) foi galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa novela  La illa de Bowen, que previamente gañara o Premio Edebé de Literatura Juvenil 2012 e está incluído na Lista de Honra 2014 de IBBY a proposta de OEPLI. O xurado considerou que a súa obra é "un canto á aventura e unha homenaxe á literatura clásica, escrita con paixón, amenidade, humor e intelixencia,", e destacou a "excelente construción" dos seus personaxes e tramas.



Agustín Fernández Paz nominado ao Premio Memorial Astrid Lindgren 2013. O 25 de marzo de 2014, o gañador do ALMA será anunciado. A nosa literatura infantil-xuvenil é unha das máis premiadas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario