POESÍA, RIMAS E CANCIÓNS:
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) promove desde 2010 a conmemoración o 24 de febreiro, aniversario do nacemento da autora, do Día de Rosalía de Castro, data na que esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor. Neste 2015 a AELG propón celebralo baixo o lema "Eu son Rosalía" e convidamos os centros escolares, institucións, movemento asociativo, persoeiros da cultura galega e a todos os particulares que se quixeren sumar, a realizaren actividades encamiñadas a afondar na diversidade temática da obra rosaliana, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada, e así poder comunicárnolo gravando en vídeo unha frase que comezaría por “Eu son Rosalía porque/cando/para…”
EU SON ROSALÍA PARA AGASALLARTE CUNHA FLOR
EU SON ROSALÍA PARA AGASALLARTE CUN LIBRO
Rosalía pequeniña / [composicións e idea orixinal de Uxía sobre poemas de Rosalía de Castro ; arranxos, Sérgio Tannus ; dirección musical, Sérgio Tannus e Uxía ; ilustracións Marína Seoane ; limiar, Begoña Caamaño]. -- Vigo : Galaxia, 2013.
+ 1 CD música. -- (Sonárbore)O CD-ROM de música contén: ; Rosalía pequeniña / letra, Uxía ; música, Magín Blanco. -- Como chove miudiño ; Xan ; Has de cantar ; Paseniño / Rosalía de Castro ; Uxía. -- A Rosalía : (no bico un cantar) / Curros Enríquez, Luís Emilio Batallán. -- Falares de amor ; Miña santiña, miña santasa / Rosalía de Castro ; Uxía. -- Alborada / Rosalía de Castro. -- Maio longo / Rosalía de Castro ; Uxía. -- A grasia non era moita / poema de Rosalía ; música de Magín Blanco e Uxía.
ISBN 978-84-9865-484-4.-- Signatura: P UXI ros
visítounos o sábado 7 de MARZO
porque era:
DÍA DE LER EN VOZ ALTA
DÍA DA POESÍA
ENTRADA LIBRE
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
PICASSO NA BIBLIOTECA
Exposición na sala infantil-xuvenil
No hay comentarios:
Publicar un comentario