1 de mayo de 2017

MES DAS LETRAS




A GALIÑA AZUL
PROPOSTA DIDÁCTICA





EXPOSICIÓN E MATERIAL DIDÁCTICO




Ramalletes editoriais

Dende a Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés unímonos á iniciativa "Ramalletes Editoriais" das Bibliotecas Municipais da Coruña en prol da promoción das letras galegas. Velaiquí unha selección de libros infantís publicados por pequenas empresas editoras da nosa comunidade que podes atopar no noso catálogo.









SÁBADOS DE ANIMACIÓN:
HOMENAXE A CARLOS CASARES



Moitas grazas a "Polo correo do vento"
Estiveron o SÁBADO 27 na sala infantil 
Nunha longa viaxe en tren aparecen mesturados distintos datos biográficos da vida de Carlos Casares  
deixáronnos os seus debuxos e historias que foron moi aplaudidas polas nenas e nenos que participaron nesta actividade.


 

TODA A COLECCIÓN DE POLO CORREO DO VENTO
SIGNATURA: C (VAN) MAU (+3 anos)



Moitas grazas a Marisa Irimia


polo Homenaxe a Carlos Casares
 A música de violín e os contos fabricados polo Contador de Contos con Efecto Retardado combínanse e entrelázanse nun novelo de historias que se irán desfiando de vagariño, nas que tropezaremos coa invención de cousas estrambóticas e imposibles
Sábado 20 de maio 
HORARIO: 12:00

----------------------------------------------------------------------------------------------------




BOAS HISTORIAS EN GALEGO



ler en galego!





O rei dos animais / un libro de Miguel Tanco
Fraga (Huesca) : La Fragatina, 2015
 
 Un día o león decide que vai empezar a ditar leis que lle faciliten a vida a el, sen se preocupar pola repercusión que estas leis arbitrarias poidan ter para os outros animais. Unha fábula divertida que nos axuda a reflexionar cos máis pequenos sobre o poder e a responsabilidade que implica. Miguel Tanco escribiu un conto cheo de fondura e humor e ilustrouno de maneira maxistral, xogando con formas e cores para traernos a luz da sabana ata a casa.
SIGNATURA: C TAN rei (+3 anos)


A árbore da escola / Antonio Sandoval ; Emilio Urberuaga
Pontevedra : Kalandraka, 2016
978-84-8464-259-6
SIGNATURA: C SAN arb (+ 6 anos)

Expedición Tilovonte / Carlos López ; ilustracións, Kristina Sabaite
Vigo : Galaxia, 2017
Benvidos á expedición máis tola, divertida, disparatada e incrible de todos os tempos!
ISBD:9788491510529
SIGNATURA: N LOP exp (+9 anos)


Tras a sombra do bruxo / Francisco Díaz Valladares
A Coruña : Rodeira, 2017

En pleno século XXI, a beleza de África e as súas tradicións conviven coa falta de escrúpulos.
Xán vive cos seus pais en Estados Unidos, pero pasa as súas vacacións co seu avó en África, onde se criou e onde aínda vive o seu avó. Con todo, este ano algo cambiou : a súa amiga da infancia converteuse nunha beleza masai. Mentres os sentimentos de Xián cara á súa amiga mudan, os acontecementos precipítanse : o seu avó é acusado polo feiticeiro do poboado de ser o responsable dos ataques dun vello león a humanos e, ademais, a súa fermosa amiga é secuestrada. Xián, o seu avó e o seu amigo masai terán que embarcarse nunha perigosa aventura para rescatar a moza e, no camiño, descubrirán as intencións e os intereses que se ocultan tras as acusacións do feiticeiro.
Premio EDEBÉ de Literatura xuvenil

SIGNATURA: N DIA tra (+12 anos)




No hay comentarios:

Publicar un comentario