Ara Malikian actuou en Narón o 1 de diciembre : o violinista Ara Malikian presentou o seu espectáculo Cuentos del mundo. + de 3 anos
Ara Malikian é
sen dúbida un dos máis brillantes e expresivos violinistas da súa xeración.
Posuidor dun estilo propio, forxado a partir das súas orixes e ricas vivencias
musicais, o seu violín álzase como unha das voces máis orixinais e innovadores
do panorama musical. Nacido en Líbano no seo dunha familia armenia, Ara Malikian iniciouse no violín a moi temperá idade da man
do seu pai. Deu o seu primeiro concerto con 12 anos e aos 15 recibiu unha bolsa
do Goberno Alemán para cursar estudos na "Hochschule
für Musik und Theater
Hannover".
Unha inesgotable inquietude musical e humana levaron a Ara Malikian a afondar nas súas propias raíces armenias e asimilar a música doutras culturas do Medio Oriente (árabe e xudía), Centro Europa (xitana e klezmer), Arxentina (tango) e España (flamenco), todo iso dentro dunha linguaxe moi persoal na que se dan a man a forza rítmica e emocional destas músicas co virtuosismo e a expresividade da gran tradición clásica europea.
Cuentos del mundo é un espectáculo musical que recomendamos ver, escoitar e disfrutar se tedes ocasión en directo
No hay comentarios:
Publicar un comentario