O 18 de xullo de 1918, naceu un neno en Mvezo, nunha sinxela cabana con tellado de palla. Os pais do neno, Henry e Nosekeni Mandela, chamaron o seu fillo Rolihlahlal, que significa "axitador", un nome apropiado para o neno que se converteu nun dos maiores líderes do mundo loitando pola igualdade racial no seu país, Sudáfrica.
No seu primeiro día de clase na escola da aldea de Qunu, a súa mestra chamoulle "Nelson", era costume dar aos nenos africanos un nome en inglés para que os colonos puidesen pronuncialo máis doadamente. Pero Nelson Mandela é comunmente coñecido como Madiba, o nome do clan Thembu ao que pertence.
Madiba foi o nome dun xefe thembu que, no século XIX, gobernou nunha rexión chamada Transkei, no sueste do país. Chamar Madiba a Mandela é unha mostra de cariño.No seu primeiro día de clase na escola da aldea de Qunu, a súa mestra chamoulle "Nelson", era costume dar aos nenos africanos un nome en inglés para que os colonos puidesen pronuncialo máis doadamente. Pero Nelson Mandela é comunmente coñecido como Madiba, o nome do clan Thembu ao que pertence.
Uníuse ao Congreso Nacional Africano, que quería crear unha Sudáfrica multirracial, onde as persoas de raza branca e negra puidesen vivir xuntos en paz e amizade, suprimir un sistema chamado apartheid, que quere dicir "separación". Os africanos e todas as persoas que non eran brancas mantíñanse separadas da xente de raza branca.
o prisionero número 466/64. Ingresou en prisión no ano 1964 para cumprir cadea perpetua ata que o 11 de febreiro de 1990 foi liberado e converteuse en 1994 no presidente de Sudáfrica.
Comezou unha nova época da historia e con ela chegou o fin do odiado sistema do apartheid.
Bibliografía na sala infantil-xuvenil:
· La liberación de Nelson Mandela : 11 de febrero de 1990 / John Malam. -- León : Everest, [2004].-- ISBN 84-241-1608-9
Signatura: 960 MAL lib (amarelo)
· Mandela : un luchador contra el racismo.
En: Reportero DOC. -- ISSN 1133-9721. -- Nº 97 (out. 2002), p. 35-43
En: Reportero DOC. -- ISSN 1133-9721. -- Nº 97 (out. 2002), p. 35-43
(Las tres edades (Siruela) ; 159).-- ISBN 978-84-9841-137-9
Signatura: C MAN mis (verde)
"Es mi deseo que la voz del narrador de cuentos nunca muera en África, que todos los niños de África puedan maravillarse con los libros y que nunca pierdan la capacidad de ampliar sus horizontes del mundo con la magia de los relatos" Nelson Mandela (Madiba)
"Es mi deseo que la voz del narrador de cuentos nunca muera en África, que todos los niños de África puedan maravillarse con los libros y que nunca pierdan la capacidad de ampliar sus horizontes del mundo con la magia de los relatos" Nelson Mandela (Madiba)
No hay comentarios:
Publicar un comentario